Skip to main content
Taboada

Taboada escolleu aos gañadores do concurso de Entroido

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Taboada vén de dar a coñecer os nomes dos gañadores do concurso de Entroido que convocara a través das redes sociais, e que se decidían en base aos ‘gústame’ que obtiñan.

Así, as afortunadas foron: Sara Gabeiro Carballas (con 802 ‘gústame’), Xiana e Lara Taboada Varela (con 633), e Mía Ratón Sobrado (con 509). Elas recibirán os tres vales, de 50 euros cada un, para gastar no comercio local de Taboada.

Ademais, o Concello sorteou outros 3 vales, neste caso de 30 euros cada un, entre todos os participantes. Foron para Iago Blanco Vence, Zeltia Rigueira Ramos e Begoña López Fernández.

O disfrace con máis 'gústame'