Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O gromo de Sarria esténdese por Samos e Láncara

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios

A tendencia á baixa recuperouse de novo este domingo na provincia malia o brote detectado en Sarria nunha granxa, que se está a extender por Samos e Láncara, concellos que se atopaban dende hai semanas limpos do virus.

Así, hoxe son 204 casos activos, que son 8 menos que onte. Na xornada anterior a subida foi de 2.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 21). Ademais, as altas chegaron ás 11.452, 20 en 24 horas, o día anterior foron 22.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.8719 casos rexistrados e 210 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Na UCI do Hula seguen 6 pacientes, pero en planta son 18 enfermos (1 menos), 13 no hospital de Lugo (1 máis), 2 en Monforte (2 menos) e 2 en Burela. Segue un ingresado no Polusa.

POR COMARCAS

A Mariña

Lourenzá continúa mellorando e o luns deixará a zona de alerta. Mondoñedo leva xa 15 días sen casos positivos do virus.

  • Lourenzá sairá o luns de alerta media e segue estable.
  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, Riotorto e O Valadouro. Únese Mondoñedo.
  • Na última semana tampouco tiveron A Pontenova e Burela.

Terra Chá

Guitiriz sae o luns de alerta e baixa ata os 10 casos. No resto continúa a tendencia á baixa.

  • Guitiriz, que o luns deixa o estado de alerta, reduce un caso, a 10 e non tivo ningún na última semana.
  • No veciño Concello das Pontes están en 15 casos, un menos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Rábade e Meira.
  • Nos últimos sete tampouco tivo Vilalba.

Centro da provincia

Mentres a estabilidade segue na comarca, Palas sae da zona limpa de covid, onde entra Guntín, que leva 7 días sen positivos.

  • Lugo queda en 38 casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla e Baralla.
  • Sen casos os últimos 7 están Baleira e Guntín.
  • Palas de Rei volve ter algún caso.

Comarca de Sarria

O gromo de Sarria, que suma máis positivos, exténdese ata Samos e Láncara, aínda que os datos no segundo non están contabilizados. Paradela seguirá en alerta vermella con 14 casos .

  • Paradela mantén os 14 casos de onte e seguirá dende o luns en máxima alerta cunha incidencia elevada, por riba do 500 por 100.000 habitantes.
  • O gromo de Sarria sobe aos 17 casos, 4 máis, pero espérase que suma máis os próximos días.
  • Láncara e Samos suman algún caso, todavía fóra dos parámetros de alerta.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.

Ribeira Sacra

A covid empeora un pouco no Sur. Monforte suma casos e a incidencia segue estendida. A Pobra de Brollón sairá de estar en alerta o luns e Chantada, que seguirá en zona media de atención, descense un caso.

  • Monforte sobe hoxe a 25 casos, 3 máis.
  • Chantada rebaixa un caso ata 13 e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.
  • Volve a incidencia a A Pobra de Brollón, malia este último deixar o estado de alerta.