Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Tres medallas de ouro para o club San Xoán de Sarria no campionato galego de tiro

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

Novos éxitos para o  Club San Xoán de Sarria, que vén de conseguir tres medallas de ouro no campionato galego de tiro na modalidade de aire.

Ana López e Isabel Gonzalo fixéronse con senllas medallas de ouro ao proclamarse campioas nas categorías junior feminina e senior feminina, respectivamente.

Ademais, o equipo feminino formado polas propias Ana López e Isabel Gonzalo xunto a Rosario Martel impúxose tamén por equipos, conseguindo a terceira medalla para o club sarrián.