Skip to main content
O Incio

Volve ao Incio o espectáculo infantil ‘Kikiriki cocorico’

Por 23 Marzo, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Incio acollerá o vindeiro mes o espectáculo infantil ‘Kikiriki cocorico’, que estaba previsto para o pasado mes de xaneiro e tivera que suspenderse por mor da neve.

A contacontos Fátima Fernández é a encargada de dirixir esta actividade, que se dirixe a nenos e nenas a partires de 3 anos e que ten unha duración duns 55 minutos.

O espectáculo levarase a cabo no local social de Vilardemouros, o sábado 10 de abril, a partir das 18.00 horas. O aforo do recinto é limitado polo que se irá collendo sitio segundo orde de chegada.

‘Kikiriki cocorico’ é unha sesión de contos na que os animais son os protagonistas. Fátima Fernández dará voz a historias tradicionais nas que os protagonistas non actúan como se lles presupón: un porquiño que quere papar ao lobo, galos que poñen ovos, ratiños que buscan a primavera… E todo aderezado con cantigas, sustos e risas.