Skip to main content
Láncara

O Concello de Láncara licita a construción de beirarrúas na LU-633 por 100.400 euros

Por 2 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Láncara sacou a licitación a humanización da estrada LU-633, que vai da Pobra de San Xiao a Baralla, por 100.405 euros. Trátase dunha vía de titularidade autonómica e o Concello dispón da autorización correspondente para poder executar a actuación.

Os traballos, que se limitarán ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 10,050 e 10,270, suporán a construción de beirarrúas no vial, co fin de mellorar a seguridade dos peóns. Ademais procederase a instalar novas farolas e a mellorar a rede de pluviais, entre outras cuestións. As obras teñen un prazo de execución de catro meses.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 16. Poden facelo directamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta (Silex) da Consellería de Facenda.

Casa do Concello de Láncara