Skip to main content
O Páramo

Rematou a mellora do acceso ao núcleo da Gándara, no Páramo

Por 29 Marzo, 2021Sin comentarios

Estado do vial despois das obras

O Concello do Páramo vén de rematar os traballos da primeira fase da estrada de acceso ao núcleo da Gándara. As obras supuxeron un investimento de preto de 39.000 euros, con cargo aos fondos do Plan Único.

A actuación que se levou a cabo supuxo a renovación do pavimento do vial, coa aplicación de aglomerado en quente, e mailo pintado da sinalización horizontal.

Desde o goberno local aseguran que esta estrada dará “un gran servizo á parroquia de San Vicente por Pinte e Quintela” e salientan que a actuación que se vén de rematar permitirá tamén “poñer en valor elementos do noso patrimonio, como é a igrexa románica de Ribas de Miño’.

O Concello do Páramo está piques de rematar ademais o acondicionamento do vial de acceso ao núcleo de Gondrame. Os traballos, tamén con cargo ao Plan Único, contan cun orzamento de 52.000 euros.