Skip to main content
Samos

O Concello de Samos adquirirá unha báscula para o punto limpo

Por 29 Marzo, 2021Sin comentarios

José Tomé e Julio Gallego asinaron o convenio de colaboración

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de adquirir unha nova báscula para o punto limpo da localidade, cun investimento de preto de 2.000 euros.

Segundo o rexedor, esta nova peza de equipamento era “moi necesaria” porque “vén suplir unha carencia que existía actualmente no municipio”. A báscula ten capacidade para pesar con precisión residuos entre os 1.000 e os 2.000 quilogramos e resulta imprescindible para poder homologar a instalación, que dá servizo a unha poboación de máis de 1.200 persoas.

Este sistema para pesar é un equipo para o control dos residuos que chegan ao punto limpo de Samos, situado a dous quilómetros do núcleo urbano, en dirección a Lóuzara, no lugar de Negredo.