Skip to main content
Sarria

Os comerciantes de Sarria alongan o outlet de inverno a tres días

Por 3 Marzo, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces), coa colaboración do Concello, levará a cabo, desde mañá e ata o vindeiro sábado, o sexto outlet de inverno coa participación de preto dunha trintena de negocios locais.

Os establecementos que participan nesta iniciativa, que leva por lema ‘Recortamos os prezos’, ofrecerán produtos do excedente da temporada de rebaixas de inverno a prezos moi rebaixados.

Con esta acción, Aces pretende impulsar e facer promoción do comercio de proximidade “nun momento moi complexo para as vendas”, sempre con precaución e seguindo todas as medidas de seguridade fronte á covid. De feito, desta volta o outlet desenvolverase durante tres días co fin de evitar as aglomeracións que poidan poñer en risco a vendedores ou clientes.