Skip to main content
Sarria

O IES Xograr Afonso Gómez organiza un concurso de poesía

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de convocar un concurso de poesía con motivo da celebración do día dedicado a este xénero literario, o vindeiro 21 de marzo.

Desde o centro animan á comunidade escolar a compoñer poemas, que poderán ter temática e estrutura libre. O autor poderá elixir tamén a lingua da súa composición.

Os traballos entregaranse na biblioteca do instituto ou enviaranse ao enderezo electrónico biblioxograr@gmail.com antes do día 23 de marzo.

Todas as persoas que participen neste certame cos seus poemas recibirán un agasallo.