Skip to main content
Sarria

Unha estudante sarriana gaña un certame a prol dun Camiño de Santiago inclusivo

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

Natalia López, co debuxo gañador ao fondo

A asociación sociocultural ASCM, que traballa a prol da plena inclusión das persoas con discapacidade, estivo este domingo en Sarria dentro do seu percorrido por distintos concellos xacobeos para facer ver a necesidade dun Camiño de Santiago accesible para todos e todas.

O colectivo ten en marcha a iniciativa Sportodxs sobre Rodas, dentro do programa O teu Xacobeo, coa que trata de implicar a administracións públicas, tecido empresarial e centros de ensino na reclamación dun Camiño inclusivo.

Precisamente unha alumna do IES Xograr Afonso Gómez, da localidade sarriana, foi a gañadora do concurso de debuxo convocado por ASCM para elixir á mascota da iniciativa, bautizada como Xacobín. Trátase de Natalia López López, estudante de segundo da ESO, que onte recibía o seu premio.

A súa creación representará ao Camiño Francés nunha fase final do certame cos debuxos gañadoras noutras rutas xacobeas.