Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Descende a presión na UCI e continúa a baixada de casos

Por 6 Marzo, 2021Marzo 7th, 2021Sin comentarios

A covid segue reducindo a súa incidencia con paso lento pero seguro e para alivio da poboación, volven descender o número de casos novos, que estaban en lento crecemento esta semana e alíviase a UCI, con tres casos menos. Así, hoxe son 339 casos activos, que son 34 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 28.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 18). Ademais, as altas chegaron ás 11.217, 43 en 24 horas, o día anterior foron 46.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.767 casos rexistrados e 206 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese un pouco. Na UCI do Hula xa hai tres pacientes menos, 10 en total, e en planta son 20 enfermos, 14 no hospital de Lugo (2 menos) e 6 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

A Mariña

Na comarca, Lourenzá queda en estado de alerta media e Viveiro, A Pontenova, Mondoñedo e Burela con casos residuais.

  • Lourenzá está en alerta media pero por debaixo de 10 casos.
  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz e Alfoz.
  • Na última semana tampouco tiveron Ribadeo, Mondoñeo, O Valadouro e Riotorto.

Terra Chá

A práctica totalidade dos Concellos están limpos de covid nos últimos 7 días e Guitiriz segue en alerta. Sumou casos Vilalba pero segue por debaixo de 10.

  • Guitiriz, en alerta media, mantén 27 casos novos en quince días, 11 na última semana.
  • No veciño Concello das Pontes saen da alerta media pero suma 1 caso ata 14.
  • Sen casos nos últimos quince días están:Pol, Abadín, Xermade, Cospeito, Friol, Castro de Rei, Muras e A Pastoriza.
  • Nos últimos sete tampouco tiveron casos Outeiro de Rei e Rábade, Meira e Begonte.

Centro da provincia

Continúa a baixada de casos en Lugo malia un pequeno gromo detectado nunha parroquia que se controla cun cribado. Só sumou, ademais de Lugo, Castroverde, pero cunha incidencia moi baixa.

  • Lugo reduce novamente 9 casos e queda en 106 en total.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, Monterroso, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Baleira, Palas e o Corgo levan limpos polo menos dúas semanas.
  • Na última semana tampouco tiveron casos Guntín e Baralla.

Comarca de Sarria

Na últimas dúas semana todos os concellos (Sarria, Láncara, Triacastela, O Incio e O Páramo) están limpos de covid agás Paradela, que tivo varios positivos e aínda que segue por debaixo de dez casos entra dende o luns en zona de alerta media.

Ribeira Sacra

A Pobra do Brollón pasa a alerta máxima dende o luns cunha incidencia que non rebaixa nas últimas semanas. É a zona da provincia con menor controla xa que moitos concellos seguen sumando casos.

  • Monforte ten hoxe 34 casos, 3 menos.
  • A Pobra de Brollón segue con dez casos e sobe a alerta máxima debido á alta incidencia.
  • Sen casos en quince días: Taboada, Carballedo, Bóveda, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil
  • Sumaron casos residuais: O Saviñao, Sober, Pantón e Chantada.