Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

Convocado para o 11 de xullo o Trail das Bestas

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios

A organización do Trail das Bestas vén de convocar unha nova edición do mesmo para o 11 de xullo, domingo, volvendo á idea orixinal do ano pasado de adiantar a súa celebración so verán e non en novembro como era costume.

A organización fixo esta convocatoria adiantado que se a situación sanitaria empeorara poderían ou cambialo de dato ou mesmo non celebralo, como o ano pasado.

As inscripcións abriranse en abril e, como no podía ser doutro xeito, a proba contará cun protocolo especial para a proba que garantice a seguridade de todos.

A que será a cuarta edición (xa que tiña que ser o ano pasado pero non se celebrou) soe ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece catro distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilómetros; a media maratón, de 27 km, e a curta e a andaina, de 14 km. Todas elas teñen tramos con desnivel.

Tamén se establecen diferentes categorías, sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.