Skip to main content
Abadín

Abadín acollerá un curso sobre soporte vital básico

Por 27 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín e Cruz Vermella teñen previsto celebrar un curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador semiautomático) para os interesados no termo municipal.

Aqueles que desexen inscribirse deben chamar ao número 982.50.80.21. Unha vez que se coñeza o número de persoas interesadas intentarase escoller un horario acorde a todos.

A xornada formativa terá unha duración de cinco horas e nela se ofrecerán nocións sobre como atender unha parada cardíaca ou técnicas de reanimación.