Skip to main content
Begonte

O Virxe do Corpiño abre unha aula ao aire libre

Por 15 Marzo, 2021Sin comentarios

O colexio Virxe do Corpiño de Begonte vén de abrir unha nova aula ao aire libre co obxectivo de minimizar os riscos de contaxios por covid-19 e, ao mesmo tempo, “aproveitar a contorna natural que conforma o patio da escola”.

A aula ten forma de anfiteatro e destinarase a nenos de todas as idades e asignaturas combinando o ensino co contacto coa natureza.

A aula foi financiada entre o Concello de Begonte, a anpa As Faias e o propio centro.