Skip to main content
Begonte

Begonte celebra o 8M de forma virtual

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

“Como cada ano, o Concello de Begonte quere conmemorar a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa”, así introducen a súa participación nesta iniciativa internacional, que neste caso quedará afectada pola situación sanitaria polo que optaron por actos virtuais.

Dende hoxe e ata o próximo sábado día 13 levarase a cabo un concurso para dar visibilidade a todas as mulleres na súa profesión ou na que lles gustaría desempeñar ou visibilizar, ben sexa cunha fotografía real, cun debuxo, un disfrace, etc.

Os que queiran participar deberán subir ás súas redes sociais co cancelo #8MBegonte todo aquelo que vexan reivindicativo, xa que segundo di a organziaicón, todas as propostas terán premio.

Ademais, presentarán a Muller Labrega, unha obra do artista local Víctor Corral Castro que terá dende hoxe un novo espazo no Concello. E por último, farase a lectura do manifesto do #8M de xeito virtual.