Skip to main content
Begonte

Encerro na Xunta contra o peche do colexio de Baamonde

Por 18 Marzo, 2021Sin comentarios

A Xunta de Persoal Docente non Universitario da provincia de Lugo comezou un peche como medida de presión contra da decisión da Consellería de Educación e o Concello de pechar o Ceip de Baamonde e unificar o alumando co centro Virxe do Corpiño.

O peche realizouse na sala de Educación, na segunda planta do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo.

Pais e nais do centro educativo pediron de novo á administración autonómica unha reunión ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez xa que as anteriores solicitudes de xuntanza non tiveron resposta.

Os colectivos en contra desta medida aseguran que “a existencia dun centro educativo próximo, non contorno rural, a maiores de ser un servizo público esencial, é un elemento dinamizador”.

O acto de protesta iniciouse ás 10.00 e prolongouse ata as 13.30 horas.

Os seis participantes, un por sindicato e o máximo permitido polas restricións, lamentaron que nin desde a Consellería de Educación nin desde a xefatura territorial de Lugo accedesen a reunirse con eles e avanzan que se reunirán nos próximos días para decidir se realizan máis accións como esta.