Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos do Miño recolleu o lixo do río para a inauguración da tempada de pesca

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

Doce membros da asociación Amigos do Miño prepararon nos últimos días os dous coutos de pesca que supervisan para o comezo da tempada, que tivo a xornada inaugural o pasado domingo.

Deste xeito, os socios do colectivo de Castro de Rei retiraron restos de lixo do leito, tras a intervención no río executada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil, que deixou ao descuberto diversos residuos.

A asociación agradeceu a limpeza realizada polo organismo, que se centrou en retirar restos de árbores e maleza do leito fluvial que dificultaban a circulación da auga.

Os membros do couto, tamén continuarán co proceso de habilitación de pasarelas peonís para facilitar o acceso dos pescadores aos cotos, salvando diversos regachos, unha tarefa que complementou o desbroce duns 20 quilómetros de ribeira realizado en actuacións previas.