Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

María Carballido revalida o ouro en 800 metros no campionato de Ourense

Por 17 Marzo, 2021Sin comentarios

María Carballido entrando na meta

Gran actuación dos representantes do Atletismo Friol no Campionato Galego de pista cuberta celebrado en Ourense e onde os representantes friolenses acadaron unha medalla de ouro e tres postos de finalistas a cargo dos catro atletas que acudiron a máxima cita invernal do atletismo na comunidade.

Así, de novo, a gran protagonista era María Carballido, que lograba revalidar o título acadado o ano pasado e se levaba a medalla de ouro na proba dos 800 metros lisos cun tempo de 2.19 minutos nunha proba moi táctica e propia dun campeonato deste nivel.

Pola súa parte, Cristian Montecelo tamén conquería un meritorio quinto posto na disciplina dos 800 metros lisos cunha marca de 2.00 minutos, mentras que Nerea Montes tiña un gran debut na disciplina dos 60 metros valos, onde rebaixaba o seu mellor rexistro nas semifinais, dándolle acceso á final. Alí se facía co séptimo posto.

Por último, Nerea Lage tamén facía marca persoal na proba dos 1.500 metros lisos, entrando en meta cun rexistro de 4.54 minutos e conquerindo así a oitava posición.