Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O pavillón do CPI López Suárez de Friol estrea cuberta

Por 27 Marzo, 2021Marzo 28th, 2021Sin comentarios

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron o pavillón polideportivo do CPI Dr. López Suárez de Friol onde a Xunta de Galicia vén de acometer as obras do proxecto básico e de execución de substitución da cuberta e mellora das instalacións por un importe total de 95.000 euros, sufragados ao 50% entre o Goberno galego e concello lucense.

O secretario xeral destacou a importancia que ten o deporte nun concello como Friol onde o pasado 15 de xaneiro de 2020 asinouse un convenio a tres bandas entre Sanidade, Educación e Deporte que impulsa unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promove estilos de vida activa nos escolares galegos dos centros participantes nos Proxectos de Vida Activa – Rede de Centros Activos e Saudables a través da plataforma Dafis (Datos de Actividade Física Saudable), desenvolvidos ao amparo do Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable.

En total, dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.