Skip to main content
Guitiriz

O PAI de Guitiriz abrirá o prazo de inscrición en abril

Por 18 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abrirá no mes de abril o prazo para efectuar novas matriculacións ou a renovación de praza para o próximo curso 2021/2022 no Punto de Atención á Infancia (PAI).

Por unha banda, o prazo para renovar praza abrirase desde o 1 ao 15 de abril e, pola outra, as novas solicitudes poderán facerse desde o 16 ao 30 de abril. En ambos casos a documentación pódese entregar por sede electrónica ou de xeito presencial, con cita previa a través da páxina web ou ben por teléfono no 982 370 109.

As familias interesadas poderán atopar toda a información e a documentación na páxina web municipal no apartado dedicado ao PAI: https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/punto-de-atenci%C3%B3n-%C3%A1-infancia