Skip to main content
Guitiriz

Presentan en Guitiriz o libro Poemas de Outono no Día da Poesía

Por 21 Marzo, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Municipal Casa Habanera de Guitiriz súmase á celebración do día da poesía deste ano, presentando o libro Poemas de Outono.

Trátese dun poemario colectivo convertido en libro, que recolle en formato físico o resultado da actividade Poemas de Outono, que a Asociación de Maiores de Ponteareas puxo en marcha no pasado outono para dinamizar a creatividade, a escritura en galego e as costumes galegas.

A B.P.M Casa Habanera sumouse a ese proxecto aportando as entregas recibidas na actividade Receitas de outono con poesía, que se levou a cabo no mes de outubro do 2020, para poñer en valor os produtos do outono e a dinamización da lectura e escritura.

Desde a biblioteca municipal chairega quixeron “agradecer á Asociación de Maiores de Ponteareas, por permitirnos participar e por facernos chegar á biblioteca unhas cantas copias do libro”.

Nace, con esta colaboración, unha alianza entre dous pobos que de seguro continuará no tempo con novos proxectos. “Tamén queremos invitar a todos os veciños e veciñas a que se pasen pola biblioteca e desfruten da súa lectura”, destacan desde a Casa Habanera.