Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz súmase ao carro do Amazon Rural

Por 24 Marzo, 2021Marzo 25th, 2021Sin comentarios

O comercio e as empresas de Guitiriz disporán dunha plataforma online para vender os seus produtos. O Concello firmou un convenio coa Asociación Envaco para adherirse á súa central de ventas Ruralsell.com, que se define como “un mercado dixital que ten un funcionamento similar ao de Amazon”.

O Concello de Guitiriz ven de asinar un convenio coa asociación Envaco (Emprende, Valoriza e Compite) que permitirá que o comercio e as empresas do municipio dispoñan dunha plataforma online para vender os seus produtos.

O acordo, establecido esta semana pola alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o presidente da Asociación, José González, permitirá que o Concello se adhira á central de ventas www.ruralsell.com que se define como “un mercado dixital que ten un funcionamento similar ao de Amazon”.

Grazas a este convenio o primeiro ano será gratis para as empresas que decidan unirse e, para as que continúen nun segundo exercicio, o Concello asumirá a taxa anual que se lles cobra. Cada un deles contará, entre outras cousas, cunha tenda virtual individual, un espazo de hosting con correo, un subdominio ou dominio, integración do TPV para o pago online, ou unha micro-tenda en Rural Sell. Recibirán ademais, por parte do persoal de Envaco, formación e asesoramento para poder xestionar dun xeito eficiente a súa tenda online.

Os requisitos para formar parte deste proxecto son: estar censado no Concello de Guitiriz, dispor dun negocio ou actividade comercial dado de alta e cumprir coas vixentes normativas en materia de comercio e consumo.

Marisol Morandeira, explicou que “no difícil momento que estamos a atravesar, queremos que o noso tecido empresarial teña a oportunidade de chegar a moitos máis clientes difundindo os seus produtos na rede”.

Pola súa parte, José González, asegura que “este mercado digital funciona igual que Amazon. Es una única tienda formada de tiendas. Permite ofertas, es decir modo subasta, donde el consumidor espera poder encontrar una oferta online variada”.