Skip to main content
Guitiriz

Volve a feira de Parga este domingo

Por 27 Marzo, 2021Sin comentarios

A directiva da Feira de Parga comunicou que, unha vez a situación epidemiolóxica do Concello de Guitiriz e normalizou descendendo de forma excepcional os casos de oersonas afectadas pola covid e voltando por tanto á fase media; este domingo día 28 de marzo retomarase a celebración da feira.

Os organizadores queren lembrar aos comerciantes que “seguimos coas normas e protocolo de seguridade que nos obliga a manter a separación de postos e como xa sabedes a un aforo de comerciantes do 50%”.

Lembran tamén a visitantes o estricto cumplimento de todas as normativas sanitarias, hixiénicas, uso de máscara, distancia de seguridade, etc.