Skip to main content
Meira

O Concello de Meira ilumínase de amarelo pola campaña da endiometrose

Por 27 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira, en colaboración coa asociación QuerEndo, Mulleres con Endometriose únese á campaña de visibilización desta doenza iluminando de amarelo, cor representativa da endometriose, a fachada da Casa Consistorial o sábado día 27 de marzo de 2021. Nesta acción participan gran variedade de concellos galegos, entidades e institucións públicas.

Dado que é unha enfermidade pouco coñecida e pouco estudada, a labor das asociacións é decisiva para divulgar información sobre esta doenza e tratar de que sexa atendida con maior celeridade nas unidades de xinecoloxía.

Dado que as condicións sanitarias actuais non son favorables para as actividades grupais, este tipo de iniciativas permiten dar visibilidade a estas campañas que tratan de que a pandemia non as oculte, e se continúe investigando.

A endometriose é unha doenza que afecta a unha de cada 10 mulleres en idade fértil; en Galicia padécena 60.000mulleres. É unha enfermidade crónica e inflamatoria na que o tecido endometrial medra de forma anormal fóra do endometrio. Causa dor pélvica, dor coa regra e problemas de fertilidade entre outros.

O diagnóstico é difícil, cunha demora de arredor dos 8anos.

A asociación galega “QuerEndo, Mulleres con Endometriose” brinda unha axuda educativa e informativa ás mulleres con endometriose e as súas familias, así como campañas divulgativas, información a centros de ensino e actividades dirixidas á poboación en xeral.