Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Outeiro de Rei

Por 25 Marzo, 2021Sin comentarios

Ata o 30 de abril estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2021/2022 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais/nais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei; tamén a través desta nova accédese aos impresos ou premendo no banner que aparece na web municipal (outeiroderei.org) destinado á Escola Infantil Municipal.