Skip to main content
A Pastoriza

Pavimentan 5 quilómetros de vías rurais na Pastoriza

Por 9 Marzo, 2021Sin comentarios

Aproveitando que a chuvia deu un descanso, o Concello da Pastoriza iniciou a reparación dalgunhas vías moi deterioradas, un proxecto que aínda non está rematado e que nos vindeiros días se o tempo axuda se complementará co asfaltado doutras vías.

A tenente de alcalde, Elva Carrera explicou que nestes primeiros de ano procedeuse á pavimentación de accesos aos núcleos de Vilar en Pousada, Mazón en Gueimonde, e Seselle, Castiñeira e Francos en Bretoña. Este proxecto pertence ao Plan Único 2020 da Deputación provincial e afecta a un total de 5.752 quilómetros.

Para as obras destinouse un orzamento de execución material de 103.400,51 máis 21.714,11 de IVE.

“Con esta obra preténdese levar a cabo a mellora de viales moi deteriorados dado que soportan o peso de maquinaria moi pesada que xunto as inclemencias metereolóxicas e o paso do tempo dificultan a circulación”, explica a concelleira nacionalista.

As obras consisten na corrección de deformacións e roturas mediante riego asfáltico, así como a limpeza de cunetas e drenaxes que faciliten a circulación das augas de escorrentía. Estas obras realizadas pola empresa Construcciones San Jurjo están xa en fase de finalización.

Elva Carrera explicou que nestes momentos teñen en marcha novos proxectos cara o ano 2021, como poden ser o Plan Único 2021 e o Agader 2021/2022 e en todos eles se priorizan as reparacións daquelas vías máis deterioradas que dan acceso a núcleos de poboación.