Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza pide unha axuda para rematar a Ruta Maeloc

Por 16 Marzo, 2021Marzo 17th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza solicitou unha subvención do Plan de Compensación Ambiental para proceder ao acondicionamento da ruta Maeloc. Os cartos irán para proceder á sinalización desta ruta, así como ao seu acondicionamento e colocación de mobiliario.

O obradoiro de emprego foi o encargado de preparar esta ruta, ubicada na parroquia de Bretoña que é de dificultade media e ten arredor dos 12 quilómetros. O principio está no paseo fluvial en Bretoña, xusto ao lado da carballeira onde se celebraban as festas de Lugnasad e transcorre un quilómetro e medio polo paseo fluvial del Bretoña e despois ascende cara ao alto de Campodoso, ata o lugar de Pena Gallada.