Skip to main content
As Pontes

Aprobado un novo regulamento para a piscina das Pontes

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

O concelleiro das Pontes Chicho Tembrás, nas instalacións da piscina

O Concello das Pontes aprobou, por unanimidade,  durante a sesión ordinaria do pleno municipal, o novo regulamento interno da piscina municipal.

“Este documento ten como obxectivo regular o uso e funcionamento da piscina municipal promovendo o acceso da cidadanía ao deporte, atendendo aos principios de igualdade e non discriminación,  e baixo a premisa dos efectos beneficiosos que sobre a saúde e o tempo de lecer ten a natación.” apuntou o concelleiro responsable da área Chicho Tembrás.

Así mesmo o regulamento está orientado a propiciar o ensino da natación entre a poboación a través de cursos de diferentes niveis e a ampliar a oferta de servizos deportivos aos que terá acceso á cidadanía.

Entre as novidades deste regulamento destacan as novas normas de uso das instalacións, establecendo normas de carácter xeral e básicas e outras específicas para os vestiarios de persoas adultas e normas de uso para os vestiarios para as crianzas, que serán de carácter mixto, para nenos de ata 7 anos e nos que só se permitirá a entrada dun/ha acompañante por menor.

Esta nova normativa establece tamén as normas básicas de uso da nova zona spa, na que será obrigatorio respectar o espazo de outras persoas usuarias, manter condutas correctas e respectar os protocolos e tempos de uso recomendados nos diferentes circuítos.

Tamén establece  as normas básicas e imprescindibles para garantir o bo uso da nova sala de fitness, regulando o tempo de uso dos aparellos da zona cardiovascular en horas puntas, a limitación do uso da sala e dos seus materiais cando existan reservas previas ou cando sexan empregados durante algún curso.  Regula así meso as condutas non permitida tales como a inxesta de alimentos sólidos ou a entrada con mochilas ou bolsas.

Outras cuestión que contempla o novo regulamento é a normativa relativa á reserva de actividades ou servizos que requiran dun espazo físico específico,  as normas relativas a relación de cursos e das actividades dirixidas que se poidan levar a cabo nos diferentes espazos deportivos cos que conta a instalación municipal así as normas de uso para colectivos (ampas, clubes deportivos) e establece tamén o réxime  disciplinario, establecendo infraccións de carácter leve, grave ou moi grave que poden levar aparelladas a perda do dereito ao uso da instalación e multas económicas.