Skip to main content
As Pontes

Crean un portal para dar a coñecer a oferta gastronómica das Pontes

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello  e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros das Pontes, Cohempo,  co obxectivo de dar a coñecer a oferta gastronómica do municipio veñen de poñer en marcha a páxina web Pestica nas Pontes.

Elena López, responsable da área de Hostalería, sinala que “este portal gastronómico nace debido ás restricións derivadas da evolución da covid-19 e ten como finalidade de facilitar o acceso a todo a veciñanza á oferta culinaria dos establecementos hostaleiros do municipio, aglutinándoa nun único espazo e presentándoa dunha forma sinxela e atractiva.  Por outra banda da oportunidade aos establecementos de chegar a un público máis amplo, visibilizando as súas cartas e servizos”.

No portal www.petiscanaspontes.com á veciñanza poderá atopar as ofertas culinarias de 17 establecementos, organizados en dúas categorías, establecementos que contan cun servizo de entrega a domicilio e recollida no local e establecementos que só ofrecen o servizo de recollida no propio local.

Ademais das cartas de pratos, a web recolle outro tipo de información de utilidade como números de teléfono, localizacións ou cartas de alérxenos así como datos de interese sobre os diferentes restaurantes, bares e cafeterías (especialidades, horarios de recollida) acompañada de fotografías dos seus pratos e menús.

Montse Fernández Gastelu, presidenta de Cohempo, apunta “esta plataforma nace co propósito de converterse nunha ferramenta permanente, aberta a todos os establecementos que queiran adherirse.  Desde a súa posta en marcha xa son varios os locais que se sumaron e moitos veciños e veciñas que gozaron da gastronomía pontesa accedendo a este portal. Desde Cohempo, nestes momentos tan complexos para o sector, queremos dar ás garzas a veciñanza pola súa fidelidade, non deixando de apostar pola hostalaría local”