Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto dará unha axuda de 1.200 euros aos locais hostaleiros

Por 3 Marzo, 2021Marzo 4th, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto avanzou que se dará unha axuda directa de 1.200 euros a cada un dos bares e restaurantes do termo municipal como axuda para paliar os danos causados polo último peche obrigado pola pandemia da covid.

O ente municipal aínda está en proceso de redacción das bases para a concesión destas axudas e o prazo non está aberto pero se abrirá no momento no que se rematen e se publiquen as futuras bases.

O obxectivo é chegar a todos os locais hostaleiros e seguindo a liña de moitos outros concellos.