Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba renovará a zona da rúa das Pedreiras

Por 6 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba acometerá nos próximos meses a renovación da rede dos servizos básicos da rúa das Pedreiras, unha actuación integral que servirá ademais para mellorar a vida dos veciños e veciñas, xa que aumentará de forma considerable a superficie peonil.

En concreto, as obras serán no tramo oeste da rúa, onde o concello fará unha nova rede de abastecemento, un sistema de saneamento separativo (pluviais e fecais) e seccións soterradas para as redes de telecomunicacións e electricidade/gas existentes na rúa.

Como novidade, destacar que dos case 3.000 metros cuadrados da intervención, un 10% serán pavimentos permeables, que permitirán a infiltración directa das augas de pluviais, reducindo a necesidade de depuración de augas.

Estes espazos formalizaranse como bandas de estacionamento sobre céspede reforzado (pavicéspede), o que aumentará a zona verde da rúa, xunto a unha ducia de árbores autóctonos.

Apóstase desta maneira por un Sistema Urbano de Drenaxe Sustentable (SUDs), que ten como obxetivo recoller parte da auga de chuvia para infiltrala no terreo de forma controlada, facendo labores de riego e evitando unha sobrecarga na rede de saneamento e na depuradora.

“É un proxecto integral feito baixo criterios de sustentablidade, calidade urbana, accesibilidade, seguranza e mellora ambiental, adoitando os últimos estándares europeos para os novos espazos urbanos”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Por último, a rúa das Pedreiras incorporará tecnoloxía LED de baixo consumo e novo mobiliario, habilitando un espazo de lecer e descanso para os veciños e veciñas de Vilalba.