Skip to main content
Vilalba

Comezan os obradoiros 4.0 de Sete Pontes

Por 19 Marzo, 2021Sin comentarios

Deron comezo en Vilalba os Obradoiros 4.0, un itinerario formativo impulsado pola Asociación de Empresarios Sete Pontes e financiada pola Xunta de Galicia a través do Igape, no que se busca dar un impulso á transformación dixital das empresas locais de Vilalba.

O obxectivo destes obradoiros consiste en explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración coas que implementar ferramentas dixitais colaborativas que permitan a creación de sinerxías dixitais, e que os participantes poidan chegar a prestar os seus servizos apoiados en ferramentas que produzan melloras tanto a nivel interno coma de cara ó cliente.

Como broche final dun proceso formativo que será puramente práctico, durante o mes de setembro levarase a cabo a celebración dun demoday no que se presentará unha solución dixital conxunta, en forma de marketplace, creada polos propios participantes ó largo do itinerario e que dará cabida á súa canle de venda online.