Skip to main content
Vilalba

Inma Purriños nomeada un ano máis para os Goya da fotografía

Por 20 Marzo, 2021Sin comentarios

A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños volve ser nomeada un ano máis aos Premios Goya de Fotografía, un certame promovido pola Asociación de Fotógrafos e Videógrafos Profesionais de Aragón que este ano celebra a súa XIX edición e no que é habitual a participación desta chairega.

“Un ano máis, aí estamos. Co complicado que é. Estou súper orgullosa porque desde hai 18 anos que recibín o Goya en Publicidade, edición tras edición estivemos nomeadas a miña irmá Yolanda Purriños ou eu, ou ambas. Grazas á miña familia polo seu apoio e ao meu súper modelo e aos seus papis por confiar no noso traballo”, explicou a autora.

Inma Purriños xa recibiu o Goya na modalidade de publicidade fai 18 anos. Este ano preséntase ao galardón no apartado de infantil cun retrato dun neno.

“Nel coidei exquisitamente a iluminación, a pose e a expresión”, explica a autora da fotografía, que coñecerá o fallo do certame o vindeiro sábado, día 27.