Skip to main content
Xermade

Xermade instala un punto de información de emprego

Por 9 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade vén de instalar na entrada da casa consistorial un Punto de Información Multimedia do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Nel, os usuarios poderán renovar ou reactivar a súa demanda de emprego nas datas indicadas no seu Darde, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.