Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia suma tres casos activos máis, aínda por debaixo dos 200

Por 25 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A covid-19 volve sumar casos activos na provincia, nesta ocasión son 3 máis ata 185. Na xornada anterior o descenso foi de 6.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foi 4). Ademais, as altas chegaron ás 11.578, 11 en 24 horas, o día anterior tamén foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.979 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense con 2 persoas ingresadas na UCI mentres en planta son 11 os enfermos, 9 no hospital de Lugo, 1 en Burela e 1 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

Mellora a situación en Lourenzá, que suma xa 15 días sen casos de covid. En Riotorto a incidencia segue elevada.

  • Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova. Únese Lourenzá.
  • Na última semana tampouco tivo Ribadeo.
  • Preocupa a situación en Riotorto, que segue por debaixo de dez casos pero cunha incidencia de nivel de alerta media.

Terra Chá

Begonte, que levaba unha semana sen positivos, volve tener casos mentres Guitiriz espera xa sen casos covid saír do estado de alerta media esta madrugada.

  • Guitiriz sae mañá da zona de alertas sen casos novos nos últimos sete días.
  • O veciño Concello das Pontes xa está por debaixo dos dez positivos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Castro de Rei e Xermade están sen casos novos na última semana. Únese Vilalba.

Centro da provincia

A comarca mantén a incidencia á baixa.

  • Lugo rebaixa 2 casos e queda en 29 positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas, O Corgo e Antas de Ulla.

Comarca de Sarria

Mentres Paradela mantén a situación controlada antes de quedar esta madrugada fóra da zona de alertas, Samos e Láncara volven ter algún caso.

  • Paradela sairá da zona de alertas mañá con incidencia á baixa.
  • Sarria rebaixa 5 casos e queda en 15.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • Samos e Láncara, que levaban unha semana sen novos positivos volven ter casos.

Ribeira Sacra

Bóveda suma 15 días sen covid e Chantada 7 mentres Sober e Pantón seguirán en alerta media e esta noite O Saviñao pasa a alta coa atención posta en dous gromos.

  • Monforte mantén hoxe 28 casos.
  • O Saviñao entrará o venres na zona de alerta alta tras subir nos últimos días a incidencia aínda que con valores de alerta media e por debaixo dos dez casos.
  • Pantón e Sober seguirán en alerta media pola súa incidencia.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Únese Bóveda.
  • Sen casos nos últimos sete días está A Pobra de Brollón e únese Chantada.