Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa a tendencia á baixa na provincia

Por 28 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Malia o crecemento que está tendo en Galicia e mesmo en España, a covid-19 continúa rebaixando a presenza en la provincia con 162 casos activos este domingo, nesta ocasión son 5 menos. Na xornada anterior foron 10 menos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 15). Ademais, as altas chegaron ás 11.631, 15 en 24 horas, o día anterior foron 25.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.009 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria rebaixa un pouco. Na UCI do Hula hai 2 (1 menos) mentres en planta son 11 os enfermos, 7 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e 3 en Monforte. O Polusa volve queda sen enfermos.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro, Foz e Riotorto son os únicos concellos que tiveron positivos na última semana. Neste último a incidencia é elevada.

  • Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Ribadeo.
  • Na última semana tampouco tiveron Xove e Burela.
  • A situación en Riotorto segue controlada cunha incidencia media pero sen ter declarada a alerta.

Terra Chá

A incidencia continúa baixando tanto na comarca como nas Pontes. Rábade e Begonte son os únicos que tiveron positivos.

  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Meira e Castro de Rei.
  • Xermade, Vilalba, Guitiriz e Friol están sen casos novos na última semana. Únese Outeiro de Rei.

Centro da provincia

A Montaña continúa limpa sumando xa varios meses en moitos concellos agás en Pedrafita, onde ten unha incidencia media malia non estar en alerta. Lugo sumou casos mentres o resto seguen sen positivos novos.

  • Lugo suma 4 positivos e queda en 30 casos.
  • Pedrafita do Cebreiro deixa de estar sen casos e malia non chegar a dez casos xa ten unha incidencia de nivel medio.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín e O Corgo. Únese Palas.
  • Sen casos os últimos 7 están Antas de Ulla, Castroverde e Monterroso.

Comarca de Sarria

A comarca non supera o gromo. En Paradela e Samos a incidencia segue a ser elevada. En Láncara tamén hai positivos pero con valores de incidencia baixos.

  • Sarria rebaixa dos dez casos.
  • Paradela segue con menos de 10 casos pero cunha incidencia elevada.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • A incidencia en Samos segue elevada malia non estar en alerta.

Ribeira Sacra

Quiroga volve ter casos tras unha semana limpo. Con incidencia alta están A Pobra de Brollón, Pantón e o Saviñao.

  • Monforte rebaixa 4 casos máis e certifica 20.
  • O Saviñao mantén a alerta alta con incidencia con valores de media e por debaixo dos dez casos.
  • A Pobra de Brollón volve ter alta a incidencia.
  • Pantón e Sober seguen en alerta media pola súa incidencia e  no primeiro segue a ser alta.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días están Chantada e Taboada.