Skip to main content
Uncategorized @gl

Repunta o virus cun aumento de novos positivos

Por 29 Marzo, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia sobre un novo revés sobre contención do virus e os casos activos volven aumentar cun importante crecemento de novos contaxios e case sen altas. Así, hoxe hai 175 casos activos este domingo, nesta ocasión son 13 máis. Na xornada anterior foron 5 menos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 10). Ademais, as altas chegaron ás 11.637, 6 en 24 horas, o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.028 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense con 2 persoas na UCI do Hula mentres en planta son 11 os enfermos, 7 no hospital de Lugo, 1 en Burela e 3 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña

Ribadeo deixar de estar libre de covid pero sen preocupación pola incidencia. Viveiro, Foz e Riotorto tamén tiveron positivos na última semana aínda que só preocupa a incidencia neste último.

  • Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova e Lourenzá.
  • Na última semana tampouco tiveron Xove e Burela.
  • A situación en Riotorto segue controlada cunha incidencia media pero sen ter declarada a alerta.

Terra Chá

Rábade acada niveis de alerta alta e Cospeito deixa de estar libre de covid despois de varias semanas.

  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, A Pastoriza, Meira e Castro de Rei.
  • Xermade, Vilalba, Guitiriz, Friol e Outeiro de Rei están sen casos novos na última semana. Únese As Pontes.

Centro da provincia

A situación mellora menos en Lugo, que suma 2 casos e en Pedrafita, onde a alerta acéndese.

  • Lugo suma 2 positivos e queda en 32 casos.
  • Pedrafita do Cebreiro malia non chegar a dez casos xa ten unha incidencia de nivel medio.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira, Guntín, O Corgo e Palas.
  • Sen casos os últimos 7 están Antas de Ulla, Castroverde e Monterroso.

Comarca de Sarria

En Paradela e Samos a incidencia segue a ser elevada. En Láncara tamén hai positivos pero con valores de incidencia baixos e Sarria mellora.

  • Paradela segue con menos de 10 casos pero cunha incidencia elevada.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • A incidencia en Samos segue elevada malia non estar en alerta.

Ribeira Sacra

Chantada volve ter casos tras unha semana limpo. Empeora a situación en A Pobra de Brollón mentres mellora en Monforte. Con incidencia alta seguen Pantón e o Saviñao.

  • Monforte rebaixa 3 casos máis e certifica 17.
  • O Saviñao mantén a alerta alta con incidencia con valores de media e por debaixo dos dez casos.
  • A Pobra de Brollón a incidencia dispárase ata valores de alerta alta.
  • Pantón e Sober seguen en alerta media pola súa incidencia e  no primeiro segue a ser alta.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días está Taboada.