Skip to main content
Axenda Caducada

Foz acolle esta fin de semana as últimas xornadas gastronómicas

Por 16 Abril, 2021Abril 18th, 2021Sin comentarios

Desde hoxe e ata o domingo 18 celébranse en máis de corenta establecementos hostaleiros focenses as xornadas gastronómicas dedicadas á horta da Mariña. Están incluídas na iniciativa imPULSA FOZ, que organiza o Concello coa colaboración da ACIA local.

Entre os clientes que participen nestas xornadas sortearanse dez vales de compra de 50 euros cada un para consumir no comercio e na hostalería do concello.

O alcalde, Fran Cajoto, lembra que “estas xornadas gastronómicas enmárcanse dentro do plan de impulso á hostalería e comercio locais promovido polo Concello e consensuado con profesionais da hostalería e coa ACIA local”.

O rexedor municipal anima a participar nestas xornadas cumprindo todas as medidas sanitarias.