Skip to main content
Axenda Caducada

Burela acolle o espectáculo A aldea das mulleres

Por 20 Abril, 2021Abril 24th, 2021Sin comentarios

A Casa da Cultura de Burela acolle o sábado 24 de abril ás 20.00 horas o novo espectáculo de Carmen Conde,  A aldea das mulleres.

Esta obra está dirixida a un público xuvenil e adulto e a entrada é de balde.

Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns”, constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.

Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.