Skip to main content
Axenda Caducada

Convocado o Concurso de Fotografía Alfoz en primavera

Por 28 Abril, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

A Concellería de Turismo do Concello de Alfoz convoca o Concurso de Fotografía Alfoz en primavera que está aberto a toda persoa non profesional da fotografía que desexe participar.

Establécense unha única categoría na que poderán participar a partir de 16 anos. Cada fotografía presentada deberá mostrar a riqueza de Alfoz, ven sexa dos espazos naturais de interese, de lecer, culturais, ou do patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico.

É obrigatorio que o lugar ou entorno sexa do Concello de Alfoz e como tal sexa recoñecible. Non se admitirán aquelas fotografías que non cumpran este requisito.

Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías non premiadas noutros concursos, deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG. Cada fotografía debe levar un título como nome de arquivo.

Poderán opcionalmente presentarse en formato papel, cun tamaño mínimo de 20 x 25 cm e máximo de 30 x 45 cm. Isto non exime da obrigatoriedade de presentar as fotografías en soporte dixital.

A presentación das fotografías poderase realizarse na Oficina de Rexistro Municipal ou por correo electrónico a turismo@concellodealfoz.com e deberá ser antes do 31 de maio de 2020. Ao remate do prazo de presentación establecido, publicarase na web do Concello o listado de pseudónimos participantes no concurso e os títulos das respectivas obras.

Establécese unha única categoría á mellor fotografía cos seguintes premios, que poderán ser declarados desertos. Haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 150 euros, ademáis recibirán un diploma. Ningún concursante poderá ser premiado por máis dunha fotografía que presente ao concurso.