Skip to main content
Axenda Caducada

O colexio do Pilar de Foz celebra 75 anos con diversos actos

Por 30 Abril, 2021Maio 27th, 2021Sin comentarios

O vindeiro mes de maio cúmprense 75 anos da presenza das Relixiosas Franciscanas da Purísima  en Foz.

Así pois, neste ano tan atípico terán que facer uns actos con aforo moi reducido e non como lles gustaría que fosen en condicións normais, onde puidesen participar todas aquelas persoas que o desexasen: alumnos e ex-alumnos, familias, amigos…

Os actos previstos para estas datas darían comezo o venres 30 abril, ás 19.00 horas na Sala Bahía cun acto de inauguración, pero por causas de forza maior tiveron que ser adiados. Este acto ía contar coa presenza de Antón Niñe, estudoso de todo o relacionado coa comarca e gran  coñecedor da historia do colexio.

Xa o sábado 1 de maio ás 12.00 horas dará comezo unha exposición fotográfica dos 75 anos de historia do Colexio, no Cenima de Foz.

Poderase visitar de luns a venres de 10 a 14 horas e de 18 a 20 horas, os sábados de 18 a 20 horas, e os domingo de 11.30 a 13.30 horas.

O 27 de maio será o acto de clausura no que se descubrirá unha placa conmemorativa, a continuación pechará o acto a Superiora Xeneral da Congregación e finalmente haberá na Parroquia unha Eucaristía de Acción de Grazas.