Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Estancadas as negociacións para a venda de Alcoa á Sepi

Por 7 Abril, 2021Sin comentarios

As negociacións entre Alcoa e a Sepi para a venda da planta de aluminio de Cervo chegaron onte a un punto morto tal e como confirmaron dende a Xunta de Galicia e o comité de empresa. A falta de tres semanas de que termine o prazo establecido para pechar a venda, parece que non se chega a un acordo. A posible falta de solvencia e Liberty parece ser unha das razóns pola que a venda, que comezou moi áxil, non avanza.

COMITÉ DE EMPRESA

A xunta de traballadores informou de que o Goberno comprometeuse a manter en datas próximas dúas reunións, unha con Alcoa para desbloquear as condicións de compra pola Sepi e poder adecualas á lei, e outra con Liberty, para concretar a solvencia e estado financeiro do grupo.

Tras estas dúas reunións, manterase unha nova, a cal foi solicitada de manera presencial en próximas datas, antes da multilateral.

O Goberno, di o comité, tamén comunicou que había varios potenciais compradores interesados “pero sen concretar si pertencer ao sector industrial”.

Os membros do comité solicitan á Sepi, Ministerio de Industria e Xunta de Galicia que se avance no proceso de venda, “asegurando a continuidade do complexo e o prazo establecido.

Así mesmo, solicitan ás administracións públicas que axilicen o proceso “xa que a cidadanía non entendería que foran os organismos  públicos os que retrasaran a solución ao conficto e a saída da crise económica que a incertidume está a xerar na comarca”.

XUNTA

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, pediu a Alcoa e ao Goberno que dean a máxima axilidade posible ás negociacións en curso para pechar canto antes un acordo de venda da planta de San Cibrao. Así o manifestou logo de participar nunha reunión telemática co Executivo central, o comité de empresa e os sindicatos que, segundo dixo, concluíu “sen avances”.

“Trasladamos ao Goberno a necesidade de dotar de axilidade este proceso de negociacións e de que haxa un compromiso de transparencia por parte de Alcoa e da Sepi para concretar un acordo de venda e trasladar certeza aos traballadores antes do 30 de abril”, que é cando finaliza o prazo establecido, asegurou Conde.

O vicepresidente económico apuntou que tanto Alcoa como o Goberno —a través da Sepi— teñen que pechar o antes posible un acordo de compra-venda que certifique a viabilidade da planta de San Cibrao. Un acordo no que os traballadores e todo o sector teñen depositadas moitas esperanzas porque é vital para unha industria estratéxica en Galicia e en España; para moitas empresas que dependen da única planta que actualmente produce aluminio primario no noso país; e para toda a comarca da Mariña, que ten nesta factoría o seu pulmón industrial.

Neste contexto, apelou ao diálogo e ao entendemento, e a traballar de forma conxunta para que a operación de venda da planta da Mariña conclúa coa mellor das noticias.

ALCOA

A empresa, pola súa conta, manifestou que continúa o sen plan de venda e de avance nas negociacións. Afirma que está á espera da resposta do Goberno á folla de condicións xerais que presentou á Sepi para iniciar a negociación.

Insisten en que teñen o compromiso de negociar de boa fe a venda tal e como acordaron cos traballadores.