Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O Supremo instrúe o recurso de Alcoa pola anulación do ERE

Por 20 Abril, 2021Abril 23rd, 2021Sin comentarios

A Sala do social do Tribunal Supremo iniciou a instrución do recurso que presentou Alcoa contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba por mala fe da aluminera o ERE para 524 empregados da fábrica de San Cibrao.

A parte sindical confía en que o novo fallo non tarde moito en coñecerse e ratifique a sentenza do tribunal galego. Mentras, Alcoa cre que agora o Supremo “concluirá que a empresa actuou de boa fe durante o proceso de consultas cos representantes dos traballadores e levouno a cabo de maneira xusta e conforme aos requisitos legais”.

O obxectivo do recurso será estudar se hai causa de inadmisibilidad do recurso e de ser así trasladarano ao fiscal e cando este emita o seu informe o instrutor dispoñerá de dez días para propoñer a data de votación e o fallo.

Mentres tanto, nada máis se sabe aínda sobre a negociación para a venda da fábrica por parte de Alcoa á Sepi, que debería terminar o día 30. A mesa multilateral na que se informa do proceso non estaba aínda convocada pero celebrarase, como moi tarde, este xoves.

Tamén nestes momentos de incertidume, os membros do comité reuníronse co conselleiro de Economía, Francisco Conde, onte, e coa voceiro do BNG, Ana Pontón, na xornada de hoxe.

Existe un acordo entre todos de solicitar á Sepi que se avance no proceso de venda e buscar un acordo con Alcoa. Segundo indican, a alumeira está a pedir condicións máis altas das que había na negociación de setembro.

Pontón, pola súa banda, Pontón urxe a intervención de Alcoa por parte do Estado e da Xunta ante o “naufraxio” da opción de compra-venda da factoría.

Tras un encontro co comité de empresa na factoría de San Cibrao, a líder nacionalista subliñou que se trata da única planta de produción de aluminio primario de todo o Estado e que esa produción é viable, máxime nun momento de prezos á alza.

Pontón tamén se pregunta quen esta pilotando a busca dunha solución para a planta da Mariña, cunha ministra de Industria centrada na competición electoral madrileña e un presidente da Xunta ausente dun proceso non que Galiza se xoga tanto.