Skip to main content
Viveiro

Aprazado ao 2022 o Resurrection Fest

Por 16 Abril, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

En vista á situación actual, o 15º aniversario do Resurrection Fest aprázase ao 2022, así o comunicou a organización.  A 15ª edición do festival realizarase do 29 de xuño ao 2 de xullo de 2022, na fin de semana habitual dos últimos anos.

“Unha vez máis e ante todo, queremos agradecervos todo o voso apoio, confianza e comprensión tras este último ano. Do mesmo xeito que afectou a moitísima xente, para nós foi o maior golpe das nosas vidas como festival, un ano terrible en moitos aspectos, pero estivestes aí connosco esperando por boas noticias e seguíndonos. Sempre fostes o mellor público de España e ano tras ano seguídelo demostrando. Grazas, de corazón!”, din dende a organización do festival.

Así, tal e como ocorreu no 2020, todas as entradas compradas previamente (abonos, Resucamp, viaxes…) serán válidas o ano que vén sen necesidade de facer nada pola vosa banda.

Aínda que máis adiante haberá unha plataforma para poder revender eticamente e de maneira segura as entrada a un amigo ou familiar que non puidese comprala previamente ao estar o festival “ sold- out”. Se non se puidese asistir tamén se poderá tramitar a devolución da entrada sen problema.

Conta que do mesmo xeito que o ano pasado, o 2022 teña un cartel similar ao de 2020 e 2021, mantendo moitísimas das bandas e con novas sorpresas.