Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O SD Porto de Burela renova a súa directiva

Por 7 Abril, 2021Sin comentarios

A Sociedade Deportiva Porto de Burela comezou xa o proceso de renovación da directiva tralo anuncio da dimisión do presidente actual, Ramón Lestegás Gómez, e do resto da directiva unha vez que remate a tempada en curso.

Para que a transición poda realizarse con tempo necesario abriuse xa o período electoral coa apertura do prazo de presentación de candidaturas nas oficinas do club. Esta poderá facerse ata o día 15 de abril.

O presidente saínte anunciou tamén a súa intención de seguir colaborando coa nova directiva cando se produza o cambio e para facer unha transición cómoda.

Así mesmo, Lestegás agradeceu “o tempo compartido con todos os meus compañeiros da xunta directiva actual, así como os das temporadas anteriores.