Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Bonos para fomentar o uso da piscina municipal de Ribadeo

Por 11 Abril, 2021Sin comentarios

BeOne, a concesionaria da Piscina Municipal de Ribadeo, está decidida a fomentar o deporte entre as familias do concello e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Javier Canel, director da instalación.

Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas fisicamente teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir un ingreso por coronavirus que as persoas sedentarias, ata oito veces máis.

“É moi importante a saúde e o deporte nos adultos, pero non esquezamos co que está a pasar, o problema que supón o sedentarismo infantil que se agravou coa pandemia”, explica Javier. Segundo o último Estudo Aladino sobre a Alimentación, Actividade Física, Desenvolvemento Infantil e Obesidade en España, o 40,6% dos nenos de 6 a 9 anos sofre sobrepeso. Por todo isto, propuxéronse animar a todas as familias a apuntarse de novo ao centro deportivo e para iso, xunto a súa escola de natación e actividades infantís, e ofrecer matrícula gratuíta en todos os abonos ata o 18 deste mes, se se inscriben no abono familiar, o mes de abril tamén é gratuíto.

O obxectivo dos responsables da instalación deportiva é que, aos poucos, os seus usuarios volvan ás rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia, pero nun espazo seguro que conta con todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias.