Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela convoca eleccións para o 28 de maio

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios para o luns 10 de maio de 2021.

A reunión terá lugar no pavillón Vista Alegre garantindo todas as medidas sanitarias e de seguridade de distanciamento social; a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. 

Nesta reunión farase a convocatoria de eleccións á xunta directiva e presidencia  e a presentación de candidaturas, que será do do 10 ao 18 de maio, para formalizar as eleccións o 28 de maio. Por último formarase a mesa electoral.