Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

O PP pedirá na Deputación a súa oposición á construción do espigón en Altar

Por 29 Abril, 2021Sin comentarios

“Hai solucións que acaban por converterse nun problema máis grave do que pretenden resolver. Iso é o que ocorrerá coa construción do espigón previsto no marco do proxecto de estabilización da praia de Altar (Barreiros), na ría de Foz. A oposición veciñal a esta iniciativa é moi clara para quen quere escoitar a opinión dos afectados, pero tamén é claro que unha obra como a prevista creará un serio problema medioambiental”. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, e o deputado provincial José Manuel Gómez explican a iniciativa presentada na Deputación polos populares fronte a este proxecto.

O portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira, lembra que esta semana os populares rexistraron varias rogos dirixidos ao goberno da Deputación. Castiñeira explica: “Un deles fai alusión ao espigón que o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico quere construír na praia do Altar, na ría de Foz, porque consideramos que ese espigón  é moi agresivo e innecesario”.

Castiñeira di sobre o citado proxecto que “non o entende o PP, pero tampouco o entende a gran maioría da sociedade mariñán, especialmente os afectados a un lado e a outro da ría”. Está convencido de que “medioambientalmente sería  un problema enorme; non está xustificado”. Engade: “É sabido que a día de hoxe esa praia ten máis area que cando se demandou no seu momento”.

Javier Castiñeira e José Manuel Gómez explican: “O que solicitamos é que a Deputación de Lugo  preste axuda aos dous concellos que presentan alegacións ou, en todo caso, que presente unha alegación propia, que se sume ás dos concellos, e que demande publicamente do Goberno a retirada dese proxecto, porque non ten  sentido e non está xustificado”.

Os populares están convencidos de que “a Deputación de Lugo no pode permanecer impasible, como fixo ata agora, fronte a un proxecto tan agresivo para o medio ambiente e para unha ría tan importante como é a de Foz, que une Foz e Barreiros; a día de hoxe non se precisa un espigón como o que propón o Goberno”.