Skip to main content
Alfoz

Última semana para solicitar praza na escola infantil de Alfoz

Por 4 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz mantén aberto o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas escolas infantís de rede A galiña azul. O tempo que para efectuar a solicitude prolongarase ata o día 12.

As solicitudes de novo ingreso (procedemento código BS402A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Aqueles que necesiten máis información poden poñerse en contacto no teléfono 982 571 221 ou no mail escolainfantil.alfoz@igualdadebenestar.org.