Skip to main content
AlfozComarca AMARIÑAXAFoz

Comezan en próximas datas as obras da estrada que une Foz e Alfoz

Por 24 Abril, 2021Abril 26th, 2021Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou o contrato coa empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. para a execución das obras de mellora da estrada provincial LU-P-0210, que une A Seara, en Alfoz, e San Acisclo, en Foz. Tomé Roca explica que a institución provincial investirá máis de 110.500€ nestas obras, 98.500€ na execución e 12.190€ na expropiación dos terreos.

Os traballos, que se levarán a cabo entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistirán na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas.  O Presidente subliñou que con estas actuacións “resolvemos un problema de seguridade, pois actualmente a vía é moi estreita neste treito e está deteriorada, dificultando a condución”. Neste eido, José Tomé explicou que se verán beneficiados numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa”. As actuacións completan a renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.

Está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, e o prazo de execución é de 6 meses.

A mellora da rede viaria, unha prioridade

José Tomé destacou que, dende o principio do mandato, “marcamos como prioridade a mellora da rede viaria provincial porque cremos que a mobilidade contribúe de forma moi importante ao equilibrio territorial e á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Creo que dende o Goberno estamos respondendo a ese compromiso con feitos e con obras como as que estamos acometendo”, subliñou.